Venres de fiar historias [Contos para adultos]

Un venres ao mes programaremos unha sesión de contos para adultos na que participará xente (re)coñecida dentro do panorama da narración oral do país.

En novembro contaremos con Charo Pita e o seu espectáculo Baixo a lúa ás nove.

A lúa, está sempre aí observándonos coas súas mil faces. Coñece as historias dos corpos que se abalan nas sombras, as alegrías, os medos, os soños que os desvelan. A ollada, o silencio e, como non, a palabra son os protagonistas destes relatos algúns de tradición oral procedentes de distintas partes do mundo, outros da propia narradora, para gozar das noites de luar…

Data: Venres 8 de novembro.

pincho:  20.30

actuación: 21.00 – 22.00

Prezo: 7,50 euros entrada