CONTOS PARA ADULTOS

O comezo do mundo” con Soledad Felloza

Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende esta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres. A vida, namentres, non para en ningún momento e debúllase o millo, faise a matanza ou amásase a empanada. As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sen tempo. Do pícaro ao picante, dos vivos, dos mortos e dos que non se sabe se están vivos ou mortos, da cantiga ao pasiño de baile de chachachá. Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro.
Porque as voces das mulleres saben viaxar, como ningunhas outras, da risa ao secreto, da retranca á poesía.

Data: Venres 14 de febreiro

Hora: 21.00 – 22.00 (20.30 pequeno pincho en Dospasos)

Prezo: 7,50 euros entrada