Un venres ao mes temos unha sesión de contos para adultos na que participará xente (re)coñecida dentro do panorama da narración oral do país.

En xaneiro contaremos con Patricia McGill  que nos trae o seu espectáculo chamado “Rastros y Trazos”. Historias coma tambores coreantes que cabalgan cierzo, céfiro ou mestral e falan en síncopas e pulsos sen compás.
Contos de Irlanda, Gales, Francia e máis alá.

Data: Venres 24 de xaneiro.

pincho:  20.30

actuación: 21.00 – 22.00

Prezo: 7,50 euros entrada