Abrimos as nosas portas no ano 2018 creando un espazo versátil e ben equipado, onde a cociña e o feito de cociñar tivo moita importancia, aínda que tamén foi un lugar no que tiveron cabida outro tipo de actividades e obradoiros.
En setembro deste ano 2019, pensamos oportuno seguir apostando pola idea de engadir posibilidades para aprender xuntos, compartir experiencias e disfrutar, polo que dedidimos ampliar o noso espazo cunha nova sala que nos permitira facer actividades que requeran espazos máis diáfanos e tamén poder organizar festas, reunións, coloquios, exposicións…
Contacta con nós para disponibilidade de prezos e datas.