Mónica de Nut

Mónica formouse en canto, tanto na Escola Superior de Canto de Madrid como no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, ademais de ter o diploma de Maxisterio Musical (Universidade de Vigo), formación en jazz e en canto tradicional.

 

Conta con varios discos, entre eles Mónica de Nut trío, Dous fíos invisibles chegan ás cores, Raíces Aéreas e Banda Tosta. Foi galardoada con premios do Festival Internacional de Arte de Sapporo, Xapón e os Premios Martín Codax de Música Galega.

 

Froito da súa formación e experiencia, o seu xeito de cantar caracterízase pola creatividade, o eclecticismo, a experimentación e o carácter difícil de encadrar nun estilo musical concreto, así como a interacción con outras artes escénicas: danza, teatro, performance…