Salomé é membro do Panel de Cata da Xunta de Galicia, ten realizado catas para centos de persoas en varias edicións da Semana Verde de Galicia, imparte cursos para a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, realiza controis de calidade en diversas queixerías, así como tamén difunde e divulga as características dos queixos Cebreiro, Tetilla, San Simón da Costa e Arzúa Ulloa en numerosos eventos públicos e privados por toda a xeografía galega.

Salomé quiso contar co noso espazo para realizar esta proposta.

Con máis de vinte anos de experiencia na cata dos catro queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida, Salomé Beiroa proponnos unha achega ao mundo destes productos lácteos tan presentes nas nosas mesas ao tempo dos que descoñecemos moitos datos interesantes para o seu consumo e conservación.

Nestas sesións os asistentes poderán aprender a apreciaren mellor as cualidades organolépticas dos queixos galegos con DOP de xeito “ameno e didáctico”, feito que destaca sempre o seu auditorio ao remate das sesións de cata, como vén de acontecer recentemente co alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza, de Pontevedra, onde Beiroa achegou os mencionados produtos lácteos ás e aos matriculados, por mencionar só a última das súas intervencións.


Información

Data do taller:

Venres 19 de novembro

Domingo 21 de novembro

Duración: 2 horas

Horario:

Venres de 20.00 – 22.00

Domingo de 11.00 – 13.00

Imparte: Salomé Beiroa

Prezo: 25 euros/taller

Reserva de praza e contacto:

catasqueixos@beiroa.org